Thursday 02 de May de 2024

O Concello oferta 1.319 prazas para actividades infantís e xuvenís durante o verán


O prazo de presincrición para as actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello estará aberto entre os días 23 e 30 de abril. Deberán realizarse a través da sede electrónica e só poderán apuntarse nenos e nenas empadroados no municipio.

Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros e actividades dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións a espazos naturais fóra de Oleiros, minicampamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, calistenia, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti,…

É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.

MÁIS INFORMCIÓN: https://www.oleiros.org/es/actividades-infantiles/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/1123196

Deja un comentario